16.6.08

vegetableorchestra



Despois de coñecer isto... ( a través de práctica instrumental), a verdade é que non sei se poderá ser superado, dígoo polo o da orixinalidade. Ademáis, non se queda en algo anecdótico. Vegetableorchestra ten a súa propia páxina web, varios discos..., vamos que fan as cousas en serio. Como exemplo para que vexades esta orquestra unicamente composta por vexetais, achégovos unhas fotografías, videos e enlaces á súa páxina web. Non podedes perdelo.

Video dun concerto en directo cunha pequena introducción sobre a construcción dos instrumentos.

30.5.08

Hiparcos

A través de edugaliza atopei esta páxina, Hiparcos, na que podedes realizar actividades directamente na clase. Hai actividades JClic de música e tamén doutras materias.

12.5.08

luis pescetti

Para os que non coñezades a Luis Pescetti, por favor, visitade a súa páxina ( chea de cancións, letras, mp3, chistes, adiviñas...) ou buscade en youtube algún dos seus videos. É realmente divertido e pode aportar moitas ideas para a aula de música.

5.2.08

Outra vez a publicidade

Parece que está de moda... despois do Honda civic... Dando unha volta por Aula de Música e Nos vemos en el blog, atopei unha versión máis longa do anuncio do Focus, e tamén outro moi interesante, con botellas como protagonistas.

Música: "Ode to a Ford".Craig Richey.
Imaxes da rodaxe


Visitar a páxina de ford focus aquí, relacionada co anuncio. Teñen un divertido mezclador coa música e os instrumentos do anuncio, moi útil para empregar na aula. Pódense escoitar cada un dos instrumentos por separado e ir xogando con eles, mesturando como queiramos, ademáis de aparecer a melodía fragmentada por frases.

Calendario 07-08, dos compositores

Achégovos o calendario da páxina musick8, moi divertido para descargar e ter na aula, coas datas de nacemento dos compositores, e outros datos.

3.2.08

Pelo Gato 24


A Asociación de Gaiteiros Galegos, impulsa un novo traballo despois do "Quiquiriquí". Pelo Gato 24 é un documento audiovisual dirixido especialmente aos alumnos da Educación Primaria onde se atopan cantigas e xogos baseados na tradición.
Pelo Gato 24 está realizado polos estudios de gravación Casa de Tolos e Mr Misto e editado por PAI Música, e conta con colaboracións como Sonia Lebedinsky (Fía na roca), Xabier Díaz, Leilía, Paulo Nogueira e César Longa (Treixadura), Señora Carmen (Malvela) ou Pancho Alvarez. En pelo gato atoparedes mostras de video e de audio.
Éste é sen dúbida un bo material para traballar nas nosas aulas.

Video promocional de Pelo Gato 24.

13.11.07

zamzar

Acabo de descubrir unha páxina moi útil para cambiar de formato todo tipo de arquivos.Chámase ZAMZAR Probeina, e funciona. Podedes cambiar arquivos de imaxe, texto, audio e video a moitos formatos diferentes. Nin sequera pide rexistrarse. Mandan un mail á vosa conta de correo co arquivo cambiado de formato. A verdade é que é estupendo para non encher os nosos aparatos de programas...
Us saudiño a todos

4.11.07

Mesturando e xogando con sons

Dentro da páxina Exploratorium, atoparás unhas actividades moi entretidas para, sobre todo, traballar a educación auditiva.

Kitchen Sink-o-pation: preséntase como unha cociña na que podes ir acendendo diferentes obxectos ( propios da cociña, instrumentos, obxectos surrealistas...), e producir un ambiente sonoro peculiar e ao teu gusto.

Step Re-Mix: Podes mesturar diferentes esquemas de percusión corporal.

DotMixer: Podes mesturar diferentes bubles de instrumentos, estilos...

Nesta mesma liña. podemos atopar diferentes actividadesna páxina http://www.pulsethemovie.com/, nas que podes xogar mesturando e facendo divertidos exercicios de memoria auditivo, experimentando con sons... a verdade é uqe a páxina non ten desperdicio

Nunha das primeiras entradas deste blog, presentaba xa outras actividades moi parecidas ás anteriores, por se non lembrades...:

http://www.bbc.co.uk/schools/digger/9_11entry/flash/musicmixer.shtml

http://www.bbc.co.uk/northernireland/schools/4_11/music/mm/rhythm01.shtml

http://pbskids.org/mayaandmiguel/espanol/games/globalgroovin/game.html

STOMP



Hai hoxe unha semana, tiven a oportunidade de ir ver, por fin, ao meu admirado grupo, STOMP. Non me defraudaron, e fixéronme lembrar os bos momentos que paso cos nenos cada vez que fago unha actividade sobre eles. Se non os coñeciades, podedes consultar a súa páxina, na que ademáis teñen unha guía didáctica.

A compañía leva 15 anos de andadura. Creouse en Brighton, Reino Unido, en 1991. Luke Cresswell e Steve McNicholas, os fundadores, eran un grupo de animadores de rúa, coñecidos como "Buskers" que intentaban chamar a atención aos viandantes. O "busking" é unha tradición antigua en Inglaterra que ten a súa orixe nos teatros que se montaban nos mercados das aldeas na Idade Media. Luke e Steve actualizaron esta tradición e crearon unha simbiose moderna entre o movemento e a música.
STOMP, é unha combinación única e xenial de percusión, movemento e comedia visual que atopa beleza e música nos utensilios que nos rodea. Todo, - botas, cubos do lixo, chisqueiros, bombas de fontanerías... De feito, aínda que moita xente non o sabe, STOMP son los verdaderos pioneiros destee xénero híbrido de danza e percusión escénica, que consiste en converter en auténtico arte, o son e movemento de obxectos cotiáns.




Neste seguinte video podedes observar a súa labor didáctica nunha visita de dous dos membros da compañía a unha escola primaria de Brighton.

27.10.07

Música de cine

Interesante blog chamado " Audición y Apreciación Musical", onde atoparedes videos, referencias, comentarios sobre a música no cine, bandas sonoras..., ademáis dunha chea de enlaces que pagan moito a pena.

O poder de Chaplin

Isto é o que eu chamaría un divertido "musicovideograma". A verdade é que non podemos desaproveitar as oportunidades que a imaxe nos dá para facer máis visual a música. Aquí poño dous exemplos, co mesmo protagonista, Charles Chaplin, e a mesma película, "El Gran Dictador". Sen embargo, son dous videos nos que se poden traballar cousas ben diferentes.
Podemos propoñer unha actividade para a aula de música.
O PRIMEIRO: "EL Gran Dictador". Un cliente aterrorizado será afeitao ao ritmo da danza húngara nº 5 de J. Brahms.
Conceptos para traballar: a radio, Brahms, as danzas..., dramatización na aula...


O SEGUNDO: El Gran Dictador. Preludio del Acto I de 'Lohengrin', de R. Wagner. A actividade proposta sería de movemento, con pelotas, ou pompas, coordinando movementos lentos no espacio. De xeito individual ou en parellas, traballar antes auditivamente. Máis tarde, poñemos o video.

Estas son simples propostas para comezar unha actividades, despois, cadaquén que as desenvolva á súa maneira.

4.10.07

Vertedero sonoro

O meu afán de ser formiguiña, xa que vou recolectando material, fotocopiando, baixando..., pero non sempre usando... Bueno, que esta páxina é marabillosa para facerse un arquivo de plantillas para a construcción de instrumentos a partir de materiais de desfeito. Intentarei baixalas todas e mandalas ao correo, pero para que vós collades o que vos apeteza,tedes todo na páxina de "Vertedero sonoro", moi ben explicadiño e clasificado.
Un saudiño, Ire

30.9.07

"De quien es la canción"

O outro día, mentras lía unha revista, escoitábase de fondo, na televisión, algo de Chopin.Resultábame máis que raro escoitar iso en publicidade, tanto tempo, tan lento... levantei os ollos e quedei sorprendida co anuncio. Non daba localizado qué obra era, así que busquei en Google. Atopei rapidamente a resposta nun blog,curioso e orixinal: "DE QUIEN ES LA CANCIÓN". Podedes pasar un bo rato, lendo cousiñas interesantes sobre a música que escoitamos cando vemos a tele. Déixovos o enlace do anuncio de Halo 3, con música de Chopin, o preludio n. 15, en re bemol maior. Xa estou pensando de qué xeito llo ensinarei aos rapaces.
Un saúdo. Ire.

9.9.07

TRES VIDEOS.

Nun dos enlaces a páxinas sobre música, "Aula de música", atopei seguidiños estes videos tan divertidos. Disfrutádeos.Non deixedes de visitar este blog, Aula de música, está interesante.

Hermeto Pascoal - Música da Lagoa



Arto Tuncboyaciyan - coke bottle


Ethan Winer - 37 Cello Parts

6.9.07

Cplipart

Un enlace AQUÍ para que aproveitedes estas divertidas imaxes de instrumentos no deseño de actividades.Por certo, que teñades todos un bo comezo de cursos.
UN saúdo, Ire.

31.7.07

Xogos do mundo

Interesante páxina onde atoparedes multitude de xogos que podedes aplicar nas aulas.
Ir a JOCS DEL MON

21.6.07

Carolina/"b vocal"/a capella

O principio, especialmente adicado a Óscar, pero o tema... evidentemante, a LA Carola.


Saúdos. Ire

28.5.07

Pentagramas e paxaros


25.5.07

CHEMA MADOZ E A MÚSICA






Se recordades, na entrada de música e pintura, facíanse diferentes alusións á relación entre a música e aimaxe.Gustaríame insistir na figura de Chema Madoz, e mostrarvos algunhas das súas fotografías.


Ire.

18.5.07

ARTISTA REVELACION

Chámase Cleopatra Stratan, é rumana e só ten catro anos. O seu pai é músico e está nominada aos premios mtv.

12.5.07

THE CAT CONCERT

DIVERTIDOS

Se son capaz de colgar videos, vai ser fantástico!!



(La Traviata. Verdi. Choeur des Bohémiens).





Sesame Street - orange sings Carmen.


Saúdos. Ire
Recordades os CABALOS CANTORES?
POis agora podedes facer clic neste grupo tan divertido

6.5.07

Video didáctico. O Oído.

No blog " Educación musical" Móstrannos un video da estructura do oído que ben pode empregarse nas aulas de música. Atópase nunha páxina de Puleva, que a verdade, non está nada mal. A través desta páxina poden verse outros videos didácticos relacionados coa saúde, sobre todo aproveitables para a materia de coñecemento do medio. Disfrutádeos.

5.5.07

GS21


"GS21 naceu como compañía de baile e música en abril de 2005 por iniciativa dun grupo de bailadores e músicos pertencentes, na súa maioría, aos grupos de baile tradicional. Este grupo entende que o baile tradicional galego, lonxe de ser algo do pasado é atemporal; é pasado, é presente, e é futuro. GS21 emprega os infinitos recursos, tanto musicais como dancísticos, propios da tradición galega, dándolles unha nova lectura, un novo punto de vista dende onde se busca provocar unha sensación no espectador, sen deixaren de ser respectuosos cos recursos, tanto na música coma no baile galego como arte, como creación en si mesmo. Divertir, divertirse; emocionar, emocionarse." (http://www.compostelacultura.org/musica/axendad.php?id_e=4188&lg=gal)

Sobre todo gustaríame recomendarvos a súa páxina web. Visitádea aquí

OPERACIÓN CAN

O prazo de entrega de cancións para este proxecto, remata o luns, así que aviso un pouco tarde, máis podedes escoitalas, buscar algún nome coñecido dalgún profe..., facer porras... O proxecto é verdadeiramente fermoso. Fágovos un enlace á súa páxina

Retorno

Ola a todos!!! Por fin chegou o internet á miña nova casa despois de estar chamando e chamando a telefónica. Así que espero actualizar o blog máis a miúdo.
Un saúdo a todos

4.2.07

Proyecto Primartis

Déixovos únha interesante ligazón a un traballo que podedes atopar na páxina do MEC. Chámase Proyecto Primartis e tedes chamativas actividades para a Educación Plástica e a Educación Musical na Educación Primaria. Alguén sabe como podo descargalo??
Un saúdo. Ire.

Concertos escolares de caixanova

Na páxina web de Caixanova tedes algunhas guías didácticas:
- As formas na música.
-Escenas musicais.
- Música popular. (Gaiteitos da Xistra)

É moi interesante o traballo dos Gaiteiros da Xistra e sobre todo, ter a posibilidade de ter o material en soporte dixital. Outra posibilidade que nos ofrece a páxina é a de descargar os audios das músicas dos concertos en formato comprimido.
Ademáis de actividades musicais, contades tamén con outras de teatro, cine e medio ambiente.
Un saúdo. Ire.

6.1.07

Kókinos- didier


Este Nadal tiven que facer un regalo moi especial. Teño unha nova primiña que naceu en Ghana, así que creo que un bo surtido de cantares de berce sería un bo agasallo. O problema é que a maioría dos discos que hai no mercado... bueno... non me gustaron nada. Pero atopei unhas auténticas preciosidades na editorial Kókinos. Son libros-disco ( un pouco caros...), pero a ocasión pagaba a pena. Esta editorial que ten como distribuidor a Kalandraka, ten ao seu semellante traducido en francés, Didier . Na páxina da editorial francesa podedes escoitar pequenos fragmentos dalgúns temas. Recomendo as nanas do Baobab ( África) e as cancioncillas desde o Edén (cancións judías, hebreas, judeo-españolas...)
Un saúdo.
ire.