O outro día, mentras lía unha revista, escoitábase de fondo, na televisión, algo de Chopin.Resultábame máis que raro escoitar iso en publicidade, tanto tempo, tan lento... levantei os ollos e quedei sorprendida co anuncio. Non daba localizado qué obra era, así que busquei en Google. Atopei rapidamente a resposta nun blog,curioso e orixinal: "DE QUIEN ES LA CANCIÓN". Podedes pasar un bo rato, lendo cousiñas interesantes sobre a música que escoitamos cando vemos a tele. Déixovos o enlace do anuncio de Halo 3, con música de Chopin, o preludio n. 15, en re bemol maior. Xa estou pensando de qué xeito llo ensinarei aos rapaces.
Un saúdo. Ire.
30.9.07
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A música é moi bonita e o video tamén.
Saúdos Bernal M.R
Publicar un comentario