31.1.06

Música e Pintura


Supoño que as coincidencias sintáctico-estéticas entre estas dúas artes, non son casualidade. A Fundación "Marcelino Botín" presenta un ciclo de dez concertos didácticos que levan o nome de "La relación entre música y pintura, marco del ciclo de conciertos educativos de 2006".
Compositores e pintores souberon aproveitar esta unión en multitude de ocasións ó longo da historia. Este pequeno artigo resume as claves máis importantes sobre as similitudes e discrepancias entre as dáus artes
Analizando esta relación dun xeito máis poético...
Claro que, non é a primeira vez que vemos esta relación nun espacio destinado a arte ou a cultura.
Se queredes achegar aos alumnos á música+pintura, podedes ir aquí
Se queredes ver os instrumentos musicais vistos desde a pintura, aquí tedes un traballo feito por unha profesora(en catalán)...aquí virían de perlas os gaiteiros que atopei días atrás naquel libro da "Danza da morte".
A nosa música tamén foi representada nas obras pictóricas
O simbolismo das miniaturas indias...
En xuño do 2005,máis de 30 músicos españois das últimas dúas décadas expoñen as súas obras de arte nunha estación de tren, na mostra "Los colores de la música"
E se profundizamos máis entre son e cor...
"GAINSBOROUGH Y LA M?SICA"

E así poderiamos seguir ata atopar unha fotografías como éstas: CHEMA MADOZ. entón, voltaremos a comezar, pero antes, tedes moita música que ver e moita pintura que escoitar.
Un saudiño
Ire

Bimusicalismo

Reflexionen sobre o bilingüismo-bimusicalismo.Enlázovos a un artigo escrito por David Martin Jiménez, que en poucas liñas expón o concepto de bimusicalismo.

30.1.06

Conciertazo


O día 24 de febreiro, na sala Capitol en Santiago. Concerto de tres grupos funky, e entre eles SUPERSANDWICH. Espérovos ver a todos alí. UN ABRAZO

29.1.06

Ben sabedes cómo me gustan estas cousas... (en musicanaescola, un anuncio moi didáctico)
ire.

lírica popular infantil


O curso de Magoia e Pablo foi estupendo! Se tedes a oportunidade de asistir a un curso impartido por eles, recoméndovolo. Actividades moi creativas, musicogramas, moito movemento, xogos... Gustoume especialmente o emprego da lírica popular infantil, adaptada a todo tipo de actividades e como nos cancioneiros non atopamos demasiados exemplos da mesma, déixovos aquí os nomes dalgunhas escolmas que recoñecen a existencia dun rico repertorio para as nosas aulas. "Cando o rei por aquí pasou"
de Palmira G.Boullosa estructúrase en nove apartados nos que atoparedes arrolos, fórmulas de xogo, adiviñas, fórmulas para botar a sortes ou saber quen panda, trabalinguas, cantigas de roda, mentiras, maios e formuliñas para falar cos animais.

"Lerias e enredos para os máis pequenos" de M. Barrio - E. Harguindey,incorpora breves comentarios e orientacións pedagóxicas, e indica as fontes escritas de onde procede cada un deles.

Tamén atoparedes cousiñas interesantes na enciclopedia de xogos populares "Chirlosmirlos" de Antón Cortizas

saúdos. Ire.

17.1.06

Dinámicas de música galega na escola














Boas blogueir@s. O vindeiro sábado 28 de xaneiro terá lugar no conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín un monográfico impartido por Paulo Nogueira e Magoia Bodega que ten unhas moi boas trazas.
Poderíamos resumir os contidos do monográfico nos seguintes apartados:

1.- Audición musical activa: diferentes propostas de audición de música galega utilizando como recurso o movemento, a prosodia rítmica, musicogramas, linguaxe musical, cantigas, contos, instrumentacións, etc.

2.- Cantigas: repertorio de cantigas galegas infantís, de oficios, acumulativas, do ciclo anual. Recursos didácticos para a aprendizaxe das mesmas.

3.- Instrumentacións: diferentes propostas de utilización dos instrumentos escolares coa nosa música. Xogos e cantigas con instrumentos.

4.- Instrumentos populares galegos: diferentes propostas para que o alumnado coñeza e recoñeza visual e auditivamente os instrumentos galegos.

5.- Ritmo e movemento: xogos de movemento baseados nos ritmos populares galegos.

Mais información en www.folque.com
Un saúdo

David

Retroklang

Retroklang é un almacén de enlaces, clasificados por temas: atoparás enlaces a bases de datos e outras coleccións de datos,blogs, foros, revistas e portais, selos discográficos,compositores, midis, mp3,partituras,ópera,lieder, orquestras, solistas, educación, instrumentos...

14.1.06

MENIÑOS CANTORES


O 25 de novembro proclamouse en París a candidatura de Patrimonio Inmaterial elixida pola Unesco, unha candidatura pola que competía o patrimonio inmaterial galego-portugués e deu como froito, entre outras cousas, o CD Meniños cantores, un traballo abordado por nenos, mozos, profesores, músicos e artistas galegos e portugueses.

Meniños cantores distribúese en tres formatos: libro, CD e DVD; 28 temas musicais, un libro coas letras, os textos, debuxos e fotografías e un DVD con dous documentgais, 17 videoclips e cancións con karaoke. Tres pezas resultado do traballo da Asociación Ponte nas Ondas e da súa contribución á candidatura do galego-portugués como patrimonio inmaterial e un traballo ademais, no que por primeira vez traballaron man con man as escolas de dous países distintos.

( Vieiros, canal lusofonía)
A gravación do Clip
Máis información
Páxina principal da candidatura

13.1.06

João Ricardo de Barros Oliveira


Hai máis dun ano visitei unha exposición na Coruña...alguén me comentara que por alí andaba un tipo portugués que facía instrumentos aproveitando materiais de desfeito de todo tipo, así que aproveitando que estaba por alí, achegueime a un espacio que está ó lado do museo das ciencias. Alí atopei o escultor, músico, personaxe...que me mostrou a súa obra e que tamén me permitiu interactuar por alí, polo medio dos centos de ferros soldados, os seus instrumentos, esculturas sonoras. Na súa páxina atopamos fotografías que reflexan moi ben o traballo deste artista da performance
Os súas esculturas sonoras son cado menos, curiosas, e para quen queira escoitar e ver...
O mellor de todo, é que João Ricardo de Barros Oliveira, desenvolve tamén unha importante labor didáctica, aproximando ós nenos o os que non son nenos, á experimentación co son.

Danzas históricas II


Aínda que os midis están moi ben para algunhas cousas, atopar páxinas nas que podemos descargar música en mp3, é de agradecer. Aquí móstrovos algúns enlaces de SCA dance music. Atoparedes moitísimo repetorio do renacemento, clasificado por coleccións como: Arbeu, st.cecilia volumes I e II e moitos máis. Tamén midis. Entre as moitísimas cousas que ofrece esta páxina, tamén poderedes indagar en Renaissance Dance Sources porque hai explicacións das danzas e tamén coreografías do S.XV,XVI,XVII.
Outros enlaces ós que nos leva esta páxina que fai un percorrido histórico da danza a través de diferentes épocas e estilos, ademáis de mostrar multitude de gráficos, videos, bibliografía
sobre o tema...
E se sigo navegando por aquí, isto vaise a converter en algo interminable...precisaredes tempo para velo todo se realmente queredes profundizar...
Por último( o demáis déixovolo para vos), algún link onde veredes ilustracións da época, e por favor...ide a este sitio, hay un gaiteiro moi interesante nunha das ilustracións)

8.1.06

O AUDITORIO DE GALICIA


Agora que comeza o novo ano, déixovos aquí o enlace da programación anual do auditorio, xa que presenta uns concertos moi apetecibles estas próximas semanas.Ademáis, lembrade que a páxina do auditorio ten reservado un pequeno espacio para a didáctica onde podedes descargar material.

NAXOS

saberedes que NAXOS é un selo discográfico cun amplo catálogo de música clásica e que ademáis adica boa parte das súas edicións á música contemporánea. Vaia, que son discos que están a moi bo precio e dos que atoparedes un amplo surtido na sección de música do corte inglés. Estaba eu buscando unha obra que non dou atopado por ningures...e así que entrei na páxina oficial de Naxos. Descubrín que dan a oportunidade de escoitar os seus discos a través de internet. Se pagades unha cuota anual de 20 euros podedes escoitalos íntegramente, pero s non, tedes a oportunidade de escoitar un 25% das obras de xeito gratuito. Só tedes que rexistrarvos. Pode ser unha ferramenta moi útil á hora de escoller un disco ou de buscar obras