17.1.06

Dinámicas de música galega na escola














Boas blogueir@s. O vindeiro sábado 28 de xaneiro terá lugar no conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín un monográfico impartido por Paulo Nogueira e Magoia Bodega que ten unhas moi boas trazas.
Poderíamos resumir os contidos do monográfico nos seguintes apartados:

1.- Audición musical activa: diferentes propostas de audición de música galega utilizando como recurso o movemento, a prosodia rítmica, musicogramas, linguaxe musical, cantigas, contos, instrumentacións, etc.

2.- Cantigas: repertorio de cantigas galegas infantís, de oficios, acumulativas, do ciclo anual. Recursos didácticos para a aprendizaxe das mesmas.

3.- Instrumentacións: diferentes propostas de utilización dos instrumentos escolares coa nosa música. Xogos e cantigas con instrumentos.

4.- Instrumentos populares galegos: diferentes propostas para que o alumnado coñeza e recoñeza visual e auditivamente os instrumentos galegos.

5.- Ritmo e movemento: xogos de movemento baseados nos ritmos populares galegos.

Mais información en www.folque.com
Un saúdo

David

1 comentario:

Anónimo dijo...

ummm.... así me gusta,participación!!!!
Ten moi boa pinta ese curso, e creo que vou animarme a ir.