4.11.07

Mesturando e xogando con sons

Dentro da páxina Exploratorium, atoparás unhas actividades moi entretidas para, sobre todo, traballar a educación auditiva.

Kitchen Sink-o-pation: preséntase como unha cociña na que podes ir acendendo diferentes obxectos ( propios da cociña, instrumentos, obxectos surrealistas...), e producir un ambiente sonoro peculiar e ao teu gusto.

Step Re-Mix: Podes mesturar diferentes esquemas de percusión corporal.

DotMixer: Podes mesturar diferentes bubles de instrumentos, estilos...

Nesta mesma liña. podemos atopar diferentes actividadesna páxina http://www.pulsethemovie.com/, nas que podes xogar mesturando e facendo divertidos exercicios de memoria auditivo, experimentando con sons... a verdade é uqe a páxina non ten desperdicio

Nunha das primeiras entradas deste blog, presentaba xa outras actividades moi parecidas ás anteriores, por se non lembrades...:

http://www.bbc.co.uk/schools/digger/9_11entry/flash/musicmixer.shtml

http://www.bbc.co.uk/northernireland/schools/4_11/music/mm/rhythm01.shtml

http://pbskids.org/mayaandmiguel/espanol/games/globalgroovin/game.html

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola!!!. Si que coñecía a páxina aínda que levaba tempo sen visitala. Quedei abraiado polo volume e calidade do que vas poñendo. Parabéns!!!