4.11.07

STOMP



Hai hoxe unha semana, tiven a oportunidade de ir ver, por fin, ao meu admirado grupo, STOMP. Non me defraudaron, e fixéronme lembrar os bos momentos que paso cos nenos cada vez que fago unha actividade sobre eles. Se non os coñeciades, podedes consultar a súa páxina, na que ademáis teñen unha guía didáctica.

A compañía leva 15 anos de andadura. Creouse en Brighton, Reino Unido, en 1991. Luke Cresswell e Steve McNicholas, os fundadores, eran un grupo de animadores de rúa, coñecidos como "Buskers" que intentaban chamar a atención aos viandantes. O "busking" é unha tradición antigua en Inglaterra que ten a súa orixe nos teatros que se montaban nos mercados das aldeas na Idade Media. Luke e Steve actualizaron esta tradición e crearon unha simbiose moderna entre o movemento e a música.
STOMP, é unha combinación única e xenial de percusión, movemento e comedia visual que atopa beleza e música nos utensilios que nos rodea. Todo, - botas, cubos do lixo, chisqueiros, bombas de fontanerías... De feito, aínda que moita xente non o sabe, STOMP son los verdaderos pioneiros destee xénero híbrido de danza e percusión escénica, que consiste en converter en auténtico arte, o son e movemento de obxectos cotiáns.




Neste seguinte video podedes observar a súa labor didáctica nunha visita de dous dos membros da compañía a unha escola primaria de Brighton.

2 comentarios:

Soraya dijo...

Saúdos Irene!
Que envexa me das, que fuches velos. Eu ó final non puiden ir, e iso que prácticamente reservara o día.
A ver si un día nos vemos. Bicos!

musicaporuntubo dijo...

Ola!!!
Que alegría ter novas túas!!
A verdade, é que o concerto estivo estupendo, mereceu a pena. Foi unha pena que non puideras ir.
Moitos bicos