27.10.07

O poder de Chaplin

Isto é o que eu chamaría un divertido "musicovideograma". A verdade é que non podemos desaproveitar as oportunidades que a imaxe nos dá para facer máis visual a música. Aquí poño dous exemplos, co mesmo protagonista, Charles Chaplin, e a mesma película, "El Gran Dictador". Sen embargo, son dous videos nos que se poden traballar cousas ben diferentes.
Podemos propoñer unha actividade para a aula de música.
O PRIMEIRO: "EL Gran Dictador". Un cliente aterrorizado será afeitao ao ritmo da danza húngara nº 5 de J. Brahms.
Conceptos para traballar: a radio, Brahms, as danzas..., dramatización na aula...


O SEGUNDO: El Gran Dictador. Preludio del Acto I de 'Lohengrin', de R. Wagner. A actividade proposta sería de movemento, con pelotas, ou pompas, coordinando movementos lentos no espacio. De xeito individual ou en parellas, traballar antes auditivamente. Máis tarde, poñemos o video.

Estas son simples propostas para comezar unha actividades, despois, cadaquén que as desenvolva á súa maneira.

No hay comentarios: