Parece que estas datas de Nadal están a ser moi productivas en canto o que se refire aos discos adicados aos máis pequenos. Déixovos aquí un pouquiño de información sobre estes dous novos traballos.
QUIQUIRIQUÍ
Podedes acceder á páxona deste proxecto se ides aquí
A Asociación de Gaiteiros Galegos e mailos estudios Casa de Tolos asocianse para facer un documento audiovisual onde se reflexen diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia. Este traballo terá un claro interese docente e estará dirixido principalmente a alumnos do ensino primario.Este traballo consta dun libro, xunto cun CD e un DVD. O libro, de 64 páxinas ten fotos e textos que documentan os diferentes movementos culturais e tradicionais do Nadal en Galicia. O CD conta con 12 cancións tradicionais e de recente composición e serán interpretadas por músicos e artistas do actual panorama musical galego. O CD ten ademáis unha pista interactiva en HTML con información imprimible (letras, partituras, documentación extra...) e xogos instructivos musicais en Flash (animación informática). O DVD inclue á MAKING OF (ou ?como se fixo...?), un documental, e un video clip promocional. A imaxen preséntase en formato panorámico 16:9 e son envolvente (5.1).
(xornal.com)
CARTAS QUE VEÑEN E VAN
Cartas que veñen e van, un proxecto que integra a aprendizaxe e o ensino de todas as linguaxes cos contidos da educación infantil e do primeiro ciclo da primaria: animais domésticos e salvaxes, as cores, os contrarios, as partes do corpo, psicomotricidade, ritmos, sons??
Cartas que veñen e van xunta unha serie de cartas que propoñen magníficas actividades para desenrrolar nas aulas e nos traballos colectivos, sen esquecer nunca a ilusión de recibir unha carta inesperada. Así, o poliño Pepe (no galiñeiro da casa grande, Estrada do Campo da Feria, en Rábade), a vaca Sofía que tanto ama a música (nas cortes de estabulación libre, na Serra de Outes), e moitos máis, reciben unha simpática misiva cunha canción exclusiva para cada un deles, e varias propostas de xogos e actividades que nos ensinan a aprender dun xeito divertido.
Unha posta en escena de excelente calidade que Susa Herrera agradece no propio texto a Asociación Pedagóxico- Musical Soutullo (xérmolo do mesmo), e a Mamá Cabra polo seu entusiasmo e colaboración?
28.12.06
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario