16.10.06

Doble guitarra

Un virtuoso da guitarra, demóstranos as posibilidades dunha guitarra con doble mastro. Descargádeo AQUÍ

15.10.06

Reciclando botellas

Sinto que a calidade do video sexa bastante mala, pero merece a pena velo, asegúrovolo. Un patinador tocando botellas, perfectamente afinadas!! Non se dicía que a música de Mozart e transparente como cristal?? O máis claro exemplo, se queredes velo, AQUÍ

24.9.06

Jeff Buckley


Como pasou con moitas das grandes figuras da música, un accidente de tráfico rematou coa vida (1966-1997) de aquel que para min posuía unha das mellores voces. Invítovos a todos a que o coñezades. Cando teña máis tempo e conexión na miña nova casa, colgarei unha versión que Buckey fai do Lamento de Dido de Purcell, aínda que non o creades.

música para un apartamento

Ese video do que tanto vos falei, " Música para seis percusionistas e un apartamento", podédelo ver por cortesía de Músicanaescola, que o ten colgado na súa páxina. Só podo dicir que é xenial

Programacion do auditorio de Galicia

Igual que nos propoñemos iso de ir ao ximnasio cada ano... eu, cando chegan estas datas, tamén me propoño o de ir tódolos xoves ao auditorio. Incluso reservo ese día, esa tarde, a partir das nove dos xoves, libro das miñas actividades "extraescoleares". Non sei se o conseguirei este ano. Para comezar, déixovos aquí a programación

10.9.06

Este pequeno percusionista...

Patri (A Presi) recomendoume este video, para que o vexades todos. Hai máis videos desta pequena familia, e eu, pregúntome se será pola raza, o sangue, o que comen... para que despois digan que os pequenos só poden co tititá... que opinades vós???
Saúdos.
Ire

25.6.06

LUME!!!!!


Visita a súa web. Agora, co verán e a festa...
Ver video

24.6.06

György Ligeti Poema sinfónico para 100 metrónomos

Na páxina de YouTube, neste video.

A noite de San Xoán


Despois de tantos meses ausente...volto para levarvos a unha sección da páxina de vieiros. Xa sei, se cadra é un pouco, demasiado tarde... o curso está rematado, o día de San Xoán é hoxe, pero polo menos, podedes telo en conta para o ano que ven. Neste enlace atoparedes música relacionada con esta fantástica noite

18.3.06

Ciclo Trad en Pontevedra


A cidade de Pontevedra e colle por segundo ano a celebración do Ciclo Trad de música folc organizado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Concertos que se van estender dende o 17 de marzo ata o 6 de abril e no que o gran homenaxado vai ser o acordeón. Un instrumento que segundo relatan dende o propio Conservatorio consiste nunha "máquina de facer soño e inventar mundos posíbeis, porque abriu o fol e expandiuse polo planeta, porque é vagabundo e viaxeiro... porque o acordeón une a tradición europea coa americana". E para dar mostra de todo isto cinco formacións: Marful, Ruso Negro, Tangata, Fernández & Quintá e Danças Ocultas, para tentar superar os 1.200 asistentes do primeiro ano do Ciclo Trad.
O CICLO TRAD é unha viaxe polo amplo abano da música de tradición europea e americana.
A disfrutalo
David

5.3.06

Joan La Barbara


No Webblog de música que vos presentei noutro momento, e que por certo leo a diario, fan unha ligazón a unha páxina, magazín New Music Box, onde podedes ver uns interesantísimos videos de Joan La Barbara, cantante que explora e investiga as posibilidades da voz, traballando na improvisación de xeito moi creativo. Poderedes ver neste video unha clase maxistral impartida por Joana La Barbara, e tamén leredes(en inglés) a transcripción da entrevista
Ire.

4.3.06

Trópico de grelos


É unha banda de percusión basada en ritmos afrobrasileiros que procura integrar diferentes tendencias da percusión contemporánea.
Creada apartires da experimentación e a pesquisa, no seu repertorio constrúense pontes que permiten viaxar do Brasileiro ó cubano, do latino ó africano, e de volta ao galego.
A danza e a voz incorpórase lúdicamente, dun xeito natural, como as primeiras manfestacións artísticas da expresión humana.
Nace apartires da práctica pedagóxica de Xurxo Troncoso na súa volta a Galiza. Despois de participar no Carnaval de Salvador da Bahía 2002 onde formou parte do bloco "TÍMBALADA" de Carlinhos Brown, regresa tras 15 anos en Madrid.
Das aulas no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, das clases particulares e da experiencia de formar parte en grades bandas de percusión xurde a necesidade de realiza-lo seu proxecto, "TRÓPICO DE GRELOS" na súa filosofía está a idea da escola/obradoiro, unha agrupación aberta á incorporación das persoas que teñan o desexo de tocar cara o público.

FESTICULTORES é un grupo de xóvenes, que proveñen do mundo audiovisual e do espectáculo, e da publicidade, que se xuntan co fin de crear unha empresa para o ocio, que busca a frescura e a creatividade en cada evento que organiza.Somos cultivadores de festas, comprobámo-lo terreo. Elixímo-las sementes que mellor se a fin de alcanzar un resultado final de calidade, e, fiel a unha filosofía: facer da nosa horta un espacio de biodiversidade cultural e ambiental para calquera forma de expresión artística.

26.2.06

Xavier Blanco- Instrumentos pobres


Non sei se coñecedes a Xavier Blanco, pero o seu disco, instrumentos pobres, non ten desperdicio. Ademáis, creo que os temas poden adaptarse moi ben para traballar na aula de música, ben para tocar a frauta, como para facer xogos, danzas... Se queredes escoitar o "malamañado", facede click aquí
Se queredes escoitar o "desafío", facede click aquí
Saúdos. Ire

Presencias de música

Nesta páxina atoparedes moitos e diversos recursos para a aula de música: ideas, cancións, xogos, foro, historia da música, links a radios do mundo...etc, pasade por alí, está interesante
Saúdos. Ire

23.2.06

Alan Lomax



Alan Lomax foi unha das figuras individuais más relevantes da música folk dos Estados Unidos,e seu traballo como recompilador de cancións, descubridor de artistas, editor discográfico e productor radiofónico, goza hoxe de grande recoñecemento.

No duro inverno de 1952 chegaba a Galicia unha estraña parella. El era Alan Lomax, un home de arredor de 37 anos, ela Jeanette Bell, a súa axudante, el estadounidense, ela inglesa. Levaban xa desde o mes de xuño percorrendo a Península ibérica armados cuns estraños e voluminosos aparellos electrónicos. Vixiados constantemente pola Garda civil enfrontábanse a malos camiños, hospedábanse en aldeas sen electricidade e sen auga e sufrían o frío. A súa intención non era espiar o réxime franquista. Viñan recoller cancións.

Alan Lomax, nacido en 1915 en Texas comezou de moi novo a súa afección pola música popular. Xa durante os anos trinta acompañou ao seu pai, John Lomax, nas súas viaxes de recolleita de cancións folk americanas para a Biblioteca do Congreso. Pouco despois o mozo Alan Lomax comezou pola súa conta un traballo semellante, percorrendo grande parte de Estados Unidos para gravar todo tipo de manifestacións musicais populares, desde a música que se cantaba nas cadeas ata os cantos de escravos transmitidos de xeración en xeración. No seu afán por difundir este legado, Lomax desenvolveu traballos que ían desde a propia gravación e colleita ata as tarefas de productor, musicólogo e mesmo de locutor radiofónico. Co tempo, as súas viaxes fóronse internacionalizando, nos anos cincuenta ampliou o seu traballo a zonas coma Irlanda, Escocia ou Inglaterra e foi un dos pioneiros na recuperación do folclore musical das Illas Británicas.


Escoitar a España

En 1952 a compañía Columbia infórmao de que para publicar os seus traballos precisarían unha gravación de música española. ?Así que, tragándome a miña aversión por El Caudillo e as súas obras?, sinala Lomax no seu diario, ?apunteime a un congreso sobre folclore na illa de Mallorca coa esperanza de atopar un editor español. O profesor que impartía a conferencia era un refuxiado nazi (...) e estaba a cargo da investigación en música popular no Instituto de Estudios Avanzados [CSIC] [en Barcelona]. Fíxome saber que persoalmente se encargaría de que ningún musicólogo español me
axudase. Tamén me suxeriu que marchase de España". E así comezou o periplo español. Sen axuda oficial, as forzas de seguridade seguían fielmente os pasos do estudioso. "A terrible Garda civil, de sombreiro negro, tíñame nas súas listas -nunca saberei por que nunca me arrestaron-. Pero aparentemente, sempre sabían onde andaba eu?. A pesar das dificultades, sendo unha das maiores o traslado do equipo de gravación, Lomax e Jeanette percorreron Aragón, Asturias, Baleares, Euskadi, Andalucía e, co comezo do inverno, especialmente duro naquel ano, chegaron a Galicia.



Da música á realidade

A viaxe que realizou Lomax por España e por Galicia foi fundamental, segundo Judith Cohen, para o desenvolvemento do sistema musicométrico, co que o musicólogo clasificaba as músicas populares segundo a súa complexidade, a lonxitude dos intervalos musicais, o seu grado de repetición ou a intensidade. Con esta clasificación, Lomax establecía unha categorización das músicas populares e púñaas en relación co desenvolvemento dunha cultura, seguindo os postulados da antropoloxía evolucionista. O sistema de clasificación de Lomax foi seriamente criticado ao estar esta teoría antropolóxica amplamente superada. Sen embargo, para Judith Cohen ?o importante deste sistema é que obrigou aos musicólogos a pensar nestas cousas. Estivesen de acordo ou non, tanto tiña, sen comprobar o sistema tampouco podía saber se estaban de acordo ou non. Hoxe unha das primeiras cousas que aprendes en musicoloxía é este sistema, e tes que probalo e ver se funciona?. A influencia desta viaxe vese, segundo Cohen en detalles coma que ?no diario da súa viaxe Lomax comenta moito, en Galicia concretamente, o contraste entre a pobreza e a fame e o xeito de cantar. E ao mellor iso si o levou a pensar moito na relación entre a vida cotiá e a música dunha cultura?.

Inverno en Galicia

Unha vez no noso país, e logo de contactar co Museo de Pontevedra e outros coñecedores da nosa tradición musical, comezou un periplo que o levaría por once localidades: A Coruña, Corcubión, Fisterra, Pontevedra, Soutoxustre, O Hío, A Cañiza, Ourense, Avión, Ribadavia e Solveira. En todos estes lugares, Lomax rexistrou, coa súa pesada gravadora, todo tipo de manifestacións musicais populares no seu sentido máis amplo. Segundo sinala Judith Cohen, musicóloga canadense que estudiou da obra de Lomax, ?o enfoque era o que el chamaba a `música do pobo´ . Por iso era moi amplo, para nada lles ía dicir, `isto non conta, non ten valor´. Interesáballe sobre todo o tradicional, pero non rexeitaba nada?. Deste xeito, as súas gravacións amósannos pezas especialmente orixinais e recollen nalgúns casos cancións moi coñecidas aínda hoxe. Neste traballo quedaron fóra aspectos fundamentais da nosa tradición musical coma o pandeiro cadrado ou a zanfona.

A importancia

O aspecto máis importante do material recollido por Lomax hai máis de medio século é que se trata da gravación máis antiga da nosa tradición melódica realizada cun criterio musicolóxico. A acelerada desaparición do modo de vida tradicional impediu que se puidesen rexistrar de novo no seu contexto cantos de traballo coma os dos afiadores ou os dos canteiros, recollidos por Lomax. Agás catro temas gravados nas Illas Baleares polo grupo profesional Cuarteto de Coruña, todos os demais temas galegos recolléronse no noso país coa colaboración espontánea da xente. Un caso destacado é o da ?Canción e Canteiros?, en que estes traballadores retomaron a súa tarefa despois da xornada para que o americano os puidese gravar, xa que nunha toma realizada fóra do labor non conseguían enfiar o tema, pensado para cantar mentres se traballaba.

Os discos

O resultado material desta viaxe foi o volume catro da colección World Library of Folk and Primitive Music, que incluía seis temas galegos. Con posterioridade, no ano 2001 vía a luz ?The Spanish Recordings: Galicia?, un álbum realizado coa colaboración de Judith Cohen e do galego Luís Costa, que recollía trinta dos temas gravados durante a viaxe de Lomax en Galicia. Ademais das cancións dos canteiros, afiadores ou arrieiros, o disco recolle panxoliñas, coplas e mesmo un romance en español. Por outra banda, a variedade instrumental vai desde as pandeiretas e as gaitas aos chifres. O disco presentábase hai agora un ano en Ribadavia, recuperando para o noso patrimonio as gravacións desenvolvidas no inverno de hai cincuenta anos. Na portada, cumprindo o desexo que Lomax expresara nunha carta, a foto dun afiador que tamén abre a recompilación e que impresionou gratamente ao americano. Este mesmo ano, Judith Cohen visita de novo o noso país para analizar, no ciclo ?Recompilación de materiais de campo na música tradicional? o sistema de traballo de Lomax. Fixeron falta estes cincuenta anos para que se comezase a recoñecer o traballo deste americano ao que a Garda civil non deixaba tranquilo e que faleceu aínda en xullo do 2002 na súa casa de Florida.

(culturagalega.org)

Este enlace que vos achego, é unha base de datos, un arquivo multimedia, gratuito, só tedes que rexistrarvos. Atoparedes audio, videos, fotografías feitas entre 1946 e 1994.
Por outro lado, tedes aquí unha web sobre Alan Lomax

19.2.06

video mozart

Xa que estamos no ano Mozart, e como seguro non estades cansos de ver, escoitar, ler...cousas sobre o famoso centenario, decidín empregar este tema para aprender un novo programa de edición...así que vai moi sinxeliño... Emprego como música, o famoso Adagio do concerto para clarinete, espero que vos guste. Se vos serve para algo e queredes velo, fadede click aquí
saúdos. Ire.

17.2.06

Parece que por fin conseguín poñer un audio no blog, agora só queda ser quen de poñer o reproductor no propio blog, como ten que ser, o que pasa e que eu...vou despacio, despacio, ensaio error...espero que comprendades que nisto son autodidacta, e teño que apoderarme da linguaxe que se utiliza.
Para celebrar este avance,poñerei o que onte vos recomendaba, Segundo Movemento de Aram Kachaturian, así escoitaredes o famoso flexátono ó longo da obra, despois da presentación dos temas a cargo da orquestra e o piano. Para escoitar , fai click aquí
Ire
Avanzando pouco a pouco...espero que poidades escoitar aquí. Elexín un tema dos discos recomendados

16.2.06

Conservatorianos

Páxina mexicana, revista de información, divulgación, reflexión e divulgación culturais, onde atoparedes moitos artigos, links...
ire

Flexatone-Flexátono-Flexatón



Hai máis ou menos dous anos, alguén me agasallou cun precioso CD, de Aram Kachaturian, que contén o seu concerto para piano. Así foi como descubrín un instrumento que dende aquela chamou moitísimo a miña atención. Non sei vós, pero eu non o coñecía ata entonces.Estou falando do flexátono, ou como queira que se chame...

Así que buscando un pouquiño de información sobre este instrumento, atopei o seguinte:


- Unha páxina austríaca (en alemán) na que se describen "outros" instrumentos. As descripcións van unidas a unhas fotografías das que podedes sacar moitas ideas para obradoiros de instrumentos. Aquí atoparedes o flexaton.
- Wikipedia ofrece a posibilidade de escoitalo.
- Na seguinte, atoparedes software, proxectos multimedia , un oco para o flexátono e a seguinte imaxe
- Compositiontoday, é unha páxina moi interesante que contén moitos samples no seu banco de sons de instrumentos, e entre eles o flexatone

- Un pouco máis de información

Aram Khachaturian non é o único compositor que incorpora o flexatone á súa plantilla. Atópase tamén en obras de Arnold Schoenberg : Variacións para Orquestra e na inacabada ópera "Moses und Aron". Berg - "Three Pieces for Orchestra" Henze,
Penderecki, Sofia Gubaidulinas "The Canticle of the Sun"



Pero o que realmente recomendo, é escoitar o segundo movemento do concerto de piano de Aram khachaturian (ás veces omiten a parte de flexatone). Este movemento lento é unha serie de variacións sobre unha canción folklórica urbana de Tblisi, a intervención do flexátono é intencionada, para imitar o son dun instrumento armenio.
ire

4.2.06

Percusión escuela


Preséntovos aquí unha páxina arxentina bastante completa sobre percusión. Nas diferentes seccións, atopamos sons para descargar, instrumentos,partituras e métodos, percusión a distancia...,
ire

3.2.06

NETLABEL ALG-A

Netlabel

Denomínase netlabel (tamén online label, web label o MP3 label) ós selos discográficos que distribúen a súa música en formatos dixitais (normalmente MP3 ou OGG) a través da rede.

Un selo online funciona como un selo discográfico tradicional á hora de producir e promocionar proxectos musicais (tales como álbumes ou recopilatorios). A maioría emprega tácticas de "marketing de guerrilla" para promocionar o seu traballo. Poucos selos online dan beneficio aos seus clientes.

A principal diferencia entre os selos online e os tradicionais está na énfase que poñen os primeiros nas descargas gratuitas, todo o contrario ás publicacións en medios físicos (CD, vinilo o DVD). Con frecuencia, a música lánzase con licencias que potencian a compartición, como por exemplo licencias Creative Commons. Os artistas, normalmente, manteñen o copyright.

Historia

O nacemento dos grupos de música online remóntanse a un tempo moi cercano ao auxe dos ordenadores personais, e comparten lazos moi estreitos cos videoxogos e a demoscene. Os primeiros grupos publicaban a súa música en formato MOD, xeralmente como parte dun disco que incluía un reproductor, efectos visuais e diversa información.

Os selos online comezaron a aparecer nos anos 1990, coa aparición e popularización do formato MP3, aínda que a maioría se adicaba a música electrónica ou xéneros similares.

Algúns selos online famosos son:

* Kosmic Free Music Foundation (1991-1999)
* Five Musicians (1995-2000)
* Tokyo Dawn Records (1997-)
* Park Studios (1999-)

(Extraído de Wikipedia)

ALG-A
Alg-a, é un proxecto galego, unha comunidade "subacuática" de arte dixital libre. No Alg-a Netlabel atoparedes as creacións de diversos artistas, podédelas escoitar, descargar... incluso as súas portadas. Ademáis da Alg-a sonora, veredes tamén outras seccións non menos interesantes.
Ire.

1.2.06

Me paro cuando suena

Este é un blog de "Castpost" onde atoparedes, sobre todo, variedade e calidade. Non vos privedes de coñecelo, creo que merece a pena. Precede a cada unha das entradas, unha breve explicación da audición. Polo de agora, non hai moitos temas, pero promete. desde o clásico, Jazz, pasando polo Country,música tradicional...deixando tamén un lugar para a poesía e o video.

31.1.06

Música e Pintura


Supoño que as coincidencias sintáctico-estéticas entre estas dúas artes, non son casualidade. A Fundación "Marcelino Botín" presenta un ciclo de dez concertos didácticos que levan o nome de "La relación entre música y pintura, marco del ciclo de conciertos educativos de 2006".
Compositores e pintores souberon aproveitar esta unión en multitude de ocasións ó longo da historia. Este pequeno artigo resume as claves máis importantes sobre as similitudes e discrepancias entre as dáus artes
Analizando esta relación dun xeito máis poético...
Claro que, non é a primeira vez que vemos esta relación nun espacio destinado a arte ou a cultura.
Se queredes achegar aos alumnos á música+pintura, podedes ir aquí
Se queredes ver os instrumentos musicais vistos desde a pintura, aquí tedes un traballo feito por unha profesora(en catalán)...aquí virían de perlas os gaiteiros que atopei días atrás naquel libro da "Danza da morte".
A nosa música tamén foi representada nas obras pictóricas
O simbolismo das miniaturas indias...
En xuño do 2005,máis de 30 músicos españois das últimas dúas décadas expoñen as súas obras de arte nunha estación de tren, na mostra "Los colores de la música"
E se profundizamos máis entre son e cor...
"GAINSBOROUGH Y LA M?SICA"

E así poderiamos seguir ata atopar unha fotografías como éstas: CHEMA MADOZ. entón, voltaremos a comezar, pero antes, tedes moita música que ver e moita pintura que escoitar.
Un saudiño
Ire

Bimusicalismo

Reflexionen sobre o bilingüismo-bimusicalismo.Enlázovos a un artigo escrito por David Martin Jiménez, que en poucas liñas expón o concepto de bimusicalismo.

30.1.06

Conciertazo


O día 24 de febreiro, na sala Capitol en Santiago. Concerto de tres grupos funky, e entre eles SUPERSANDWICH. Espérovos ver a todos alí. UN ABRAZO

29.1.06

Ben sabedes cómo me gustan estas cousas... (en musicanaescola, un anuncio moi didáctico)
ire.

lírica popular infantil


O curso de Magoia e Pablo foi estupendo! Se tedes a oportunidade de asistir a un curso impartido por eles, recoméndovolo. Actividades moi creativas, musicogramas, moito movemento, xogos... Gustoume especialmente o emprego da lírica popular infantil, adaptada a todo tipo de actividades e como nos cancioneiros non atopamos demasiados exemplos da mesma, déixovos aquí os nomes dalgunhas escolmas que recoñecen a existencia dun rico repertorio para as nosas aulas. "Cando o rei por aquí pasou"
de Palmira G.Boullosa estructúrase en nove apartados nos que atoparedes arrolos, fórmulas de xogo, adiviñas, fórmulas para botar a sortes ou saber quen panda, trabalinguas, cantigas de roda, mentiras, maios e formuliñas para falar cos animais.

"Lerias e enredos para os máis pequenos" de M. Barrio - E. Harguindey,incorpora breves comentarios e orientacións pedagóxicas, e indica as fontes escritas de onde procede cada un deles.

Tamén atoparedes cousiñas interesantes na enciclopedia de xogos populares "Chirlosmirlos" de Antón Cortizas

saúdos. Ire.

17.1.06

Dinámicas de música galega na escola














Boas blogueir@s. O vindeiro sábado 28 de xaneiro terá lugar no conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín un monográfico impartido por Paulo Nogueira e Magoia Bodega que ten unhas moi boas trazas.
Poderíamos resumir os contidos do monográfico nos seguintes apartados:

1.- Audición musical activa: diferentes propostas de audición de música galega utilizando como recurso o movemento, a prosodia rítmica, musicogramas, linguaxe musical, cantigas, contos, instrumentacións, etc.

2.- Cantigas: repertorio de cantigas galegas infantís, de oficios, acumulativas, do ciclo anual. Recursos didácticos para a aprendizaxe das mesmas.

3.- Instrumentacións: diferentes propostas de utilización dos instrumentos escolares coa nosa música. Xogos e cantigas con instrumentos.

4.- Instrumentos populares galegos: diferentes propostas para que o alumnado coñeza e recoñeza visual e auditivamente os instrumentos galegos.

5.- Ritmo e movemento: xogos de movemento baseados nos ritmos populares galegos.

Mais información en www.folque.com
Un saúdo

David

Retroklang

Retroklang é un almacén de enlaces, clasificados por temas: atoparás enlaces a bases de datos e outras coleccións de datos,blogs, foros, revistas e portais, selos discográficos,compositores, midis, mp3,partituras,ópera,lieder, orquestras, solistas, educación, instrumentos...