18.3.06

Ciclo Trad en Pontevedra


A cidade de Pontevedra e colle por segundo ano a celebración do Ciclo Trad de música folc organizado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Concertos que se van estender dende o 17 de marzo ata o 6 de abril e no que o gran homenaxado vai ser o acordeón. Un instrumento que segundo relatan dende o propio Conservatorio consiste nunha "máquina de facer soño e inventar mundos posíbeis, porque abriu o fol e expandiuse polo planeta, porque é vagabundo e viaxeiro... porque o acordeón une a tradición europea coa americana". E para dar mostra de todo isto cinco formacións: Marful, Ruso Negro, Tangata, Fernández & Quintá e Danças Ocultas, para tentar superar os 1.200 asistentes do primeiro ano do Ciclo Trad.
O CICLO TRAD é unha viaxe polo amplo abano da música de tradición europea e americana.
A disfrutalo
David

No hay comentarios: