29.6.09

SILVESTRISMO



Totalmente alucinada quedei cando vin, case sen querer un programiña da TVG, "Couto Vivo" (13-6-2009), no que se lle adicaba un espacio ao Campionato Autonómico de Silvestrismo celebrado en Narón. O silvestrismo consiste basicamente en capturar, seleccionar, educar o canto, hibridar e finalmente concursar con paxaros. Está considerada coma unha arte ancestral de cría e coidados en cautividade de paxaros de campo. Todos estes elementos, dentro duns límites marcados pola normativa en cuestión de vedas, especies... Pero o que máis impresionada me deixou foi a existencia dun código específico para o recoñecemento dos cantos, e un sistema de puntuación para estes. Podedes velos perfectamente no programa da TVG. Unha vez feito este descubrimento, púxenme a investigar sobre o tema. Os aficionados ao silvestrismo comparten arquivos en mp3 coas diferentes cantadas, co fin de conseguir adestrar aos seus paxaros.

Facendo memoria, veume inmediatamente á cabeza Olivier Messiaen, quen compuxo música escoitando e transcribindo o canto dos paxaros, que tanto lle fascinaban. "Réveil des oiseaux" , "Catalogue des oiseaux", "Oiseaux exotiques" , "L'abîme d'oiseaux", "Dawn chorus", "Fauvette des jardins", son obras de Messiaen inspiradas no canto de paxaros do mundo.



Despois, conversando con Óscar, nun momento deses de fervedura mental, propúxome algunha obra máis relacionada co tema, e que eu non coñecía, como por exemplo, ésta de Clement Janequin


Como curiosidade, non deixedes de coñecela. Ave Lira


Trasladando todo isto á aula de música, poderiamos seleccionar multitude de actividades nas que incluír reclamos, construcción de instrumentos, etc... ocórrenseme moitas cousas que facer , pero seguro que vós podedes aportar máis, así que vos invito a que as compartades!

4 comentarios:

Laurilandia dijo...

co que acabo de ler eu tamen quedo asombrada non sabis que se podia adestrar aos paxaros para que canten.

Moitos bicos dunha exalumna

Laura

carmela dijo...

Que música máis rara pero gustame moito. A que máis me gusta foi a de Oliver Messiaen.
Un bicazo para os tres

Carmela

carmela dijo...

Voume hoxe as 17:15 de campamento!

carmela dijo...

A ver cando publicas máis cousas.