13.11.07

zamzar

Acabo de descubrir unha páxina moi útil para cambiar de formato todo tipo de arquivos.Chámase ZAMZAR Probeina, e funciona. Podedes cambiar arquivos de imaxe, texto, audio e video a moitos formatos diferentes. Nin sequera pide rexistrarse. Mandan un mail á vosa conta de correo co arquivo cambiado de formato. A verdade é que é estupendo para non encher os nosos aparatos de programas...
Us saudiño a todos

4.11.07

Mesturando e xogando con sons

Dentro da páxina Exploratorium, atoparás unhas actividades moi entretidas para, sobre todo, traballar a educación auditiva.

Kitchen Sink-o-pation: preséntase como unha cociña na que podes ir acendendo diferentes obxectos ( propios da cociña, instrumentos, obxectos surrealistas...), e producir un ambiente sonoro peculiar e ao teu gusto.

Step Re-Mix: Podes mesturar diferentes esquemas de percusión corporal.

DotMixer: Podes mesturar diferentes bubles de instrumentos, estilos...

Nesta mesma liña. podemos atopar diferentes actividadesna páxina http://www.pulsethemovie.com/, nas que podes xogar mesturando e facendo divertidos exercicios de memoria auditivo, experimentando con sons... a verdade é uqe a páxina non ten desperdicio

Nunha das primeiras entradas deste blog, presentaba xa outras actividades moi parecidas ás anteriores, por se non lembrades...:

http://www.bbc.co.uk/schools/digger/9_11entry/flash/musicmixer.shtml

http://www.bbc.co.uk/northernireland/schools/4_11/music/mm/rhythm01.shtml

http://pbskids.org/mayaandmiguel/espanol/games/globalgroovin/game.html

STOMP



Hai hoxe unha semana, tiven a oportunidade de ir ver, por fin, ao meu admirado grupo, STOMP. Non me defraudaron, e fixéronme lembrar os bos momentos que paso cos nenos cada vez que fago unha actividade sobre eles. Se non os coñeciades, podedes consultar a súa páxina, na que ademáis teñen unha guía didáctica.

A compañía leva 15 anos de andadura. Creouse en Brighton, Reino Unido, en 1991. Luke Cresswell e Steve McNicholas, os fundadores, eran un grupo de animadores de rúa, coñecidos como "Buskers" que intentaban chamar a atención aos viandantes. O "busking" é unha tradición antigua en Inglaterra que ten a súa orixe nos teatros que se montaban nos mercados das aldeas na Idade Media. Luke e Steve actualizaron esta tradición e crearon unha simbiose moderna entre o movemento e a música.
STOMP, é unha combinación única e xenial de percusión, movemento e comedia visual que atopa beleza e música nos utensilios que nos rodea. Todo, - botas, cubos do lixo, chisqueiros, bombas de fontanerías... De feito, aínda que moita xente non o sabe, STOMP son los verdaderos pioneiros destee xénero híbrido de danza e percusión escénica, que consiste en converter en auténtico arte, o son e movemento de obxectos cotiáns.




Neste seguinte video podedes observar a súa labor didáctica nunha visita de dous dos membros da compañía a unha escola primaria de Brighton.