11.12.09
Así fan os bailadores
Hoxe fun á presentación do "Así fan os bailadores", no Museo do Pobo Galego. Xa teño un exemplar nas miñas mans, e invítovos a todos a coñecelo. Preséntase como un libro+cd+dvd e ofrece un amplo e variado material con moitas posibilidades para empregar na aula.
Así fan os bailadores, "quere ser unha invitación ao singular e fascinante mundo do baile tradicional e popular galego".
-O traballo introdúcese cunhas recomendacións de uso e unha presentación e explicación dos cinematogramas.
"A cinematografía é un sistema descoñecido nesta terra, e hai entre nós aínda pouca xente capaz de descifralo(...) É un método de representación do movemento creado por Rudolf Laban a comezos do século XX.
Esta forma de escritura é hoxe en día a máis estendida por todo o mundo, e adáptase moi ben á especial linguaxe do movemento dos bailes e danzas tradicionais, sendo ferramenta cotiá na súa transcrición e estudo"
R. Laban e o seu sistema de escritura
- Os bailes que se amosan neste traballo, distribúense e clasifícanse en: bailes-xogo, Representación e Movemento, Agarrados, Danzas e Bailes soltos.
O libro consta de transcripcións musicais en partitura, diagramas e cinematogramas, fotografías, ilustracións e explicacións. No DVD pódense ver tódalas danzas realizadas por nenos e con músicos en directo. Inclúese tamén o CD coa música . Edita Dos Acordes
Unha volta polo medio,
outra polo arredor-e.
así fan os que ben bailan,
así fan os bailadores
Vaia dende aquí a máis sinceira NORABOA a Sergio de la Ossa, Xabier Iglesias, János Fügedi e Juan Parga, autores deste estupendo traballo.
Saúdos. Irene
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Ten moi boa pinta, teño ganas de conseguir un.
Sabes si se pode conseguir fora de Galicia? e que agora me queda algo a desmán.
E únome á felicitación á Serxo e a Juan, e bueno, a todo o equipo.
Publicar un comentario