1.5.09

13 lúas


Primeiro foi O quiquiriquí, despois Pelo Gato 24.
Veño de pasear nun día ben bonito, e tamén de dárlle unha ollada á Feira do Libro de Santiago. Hoxe é primeiro de maio e sempre lembro o ben que o pasaba eu cantando coas nenas no "Maio da Bruxa". Casualmente, o día de hoxe merquei 13 Lúas. É o novo traballo da Asociación de Gaiteiros Galegos. Este proxecto, trátase novamente dun CD-DVD, onde se atopan cancións adicadas ao ciclo do ano. Moito máis non podo contar porque nin o escoitei enteiro... só o tempo que me levou chegar á casa no coche, así que xa me comentaredes o que vos parece.
Un saúdo

2 comentarios:

Aldara dijo...

Ola Irene.No Castelo de Aldara esperache un agasallo.Vaino buscar.

Bernal dijo...

Aldara adiantouseme, pero eu tamén te quero enviar o meu selo.
Saúdos