10.12.08

cantosencantos...contosencantos

Hoxe regaláronme o libro-cd-dvd da editorial OQO, "Contos en cantos" de Almudena Janeiro. En principio, esta entrada ía destinada a que coñecesedes esta nova publicación. Trátase de cancións sobre os contos desta editorial. No libro atópanse as letras coas ilustracións dos contos. O DVD contén todas estas cancións en Karaoke. Penso que pode ser moi útil, sobre todo para as clases de educación infantil. Se traballamos o conto antes, marabilloso...



Comecei a buscar algo máis de información sobre este traballo, cando gracias a un erro, fixen UN GRANDE DESCUBRIMENTO!!!!, "cantosencantos", é unha páxina na que atoparedes infinidade de recursos, e o máis interesante é que podemos descargar moitísimas cousas dun xeito ben rápido e sinxelo. Botei un vistaciño aos recursos de Nadal... UFFFFFF.... unha barbaridade de músicas de moitos países que podedes descargar. é un pouco tarde se queredes empregar este material para este Nadal, pero bueno, para outros anos... Disfrutade da páxina!!

6 comentarios:

Maria dijo...

Un montón de recursos para gozar.
Graciñas por compartilos.
Bicos.
María

casadepapeles dijo...

Oi!!
A Asociación trópico de grelos está de festa! estrenamos páxina web, e maís proxectos con un concerto hexe xoves 18 de dezembro na praza do Toural as 20.
Si non podes vir, visita www.tropicodegrelos.com para estar en contacto

Anónimo dijo...

O DVD DE CONTOS EN CANTOS GÚSTAME MOITO. NO MEU CUMPREANOS UTILICEINO PARA CANTAR COS MEUS CONVIDADOS.
AIDA ( RIANXO)

irene dijo...

Seguro que o pasastes moi moi ben cantando as cancións no karaoke.E por certo, parabéns polo teu aniversario!

Aldara dijo...

Este disco teño eu.Tamén podias traballalo con nos na clase de música que somos moi infantis!!
Aldara(Rianxo)

jere dijo...

Oao!! Paréceme estupenda a información que proporcionas... Grazas por ofrecela... Saúdos