30.7.08

Para cantar e bailar



Achégovos " Para cantar e bailar", unha recompilación de vinteseis danzas e xogos para pequenos (e tamén para adultos) , feita por Luis Prego. O formato é de libro-disco, cun Cd coa música e video das danzas. Son destacables as ilustracións de Serxio Cobos, que facilitan moito a aprendixaxe das danzas. Está editado por Edicións do Cumio. Ademáis, estas ilustracións mostran moita sensibilidade, xa que se percibe perfectamente a colocación, a postura, incluso os estados de ánimo, relación entre os bailarines, etc. Sen dúbida, un material que aporta moitos recursos para empregar na aula de música.
Se visitades esta páxina de "cultura galega.org", tedes máis información e incluso algunhas páxinas interiores deste libro disco.

1 comentario:

Noelia dijo...

Yo tengo ese libro y me lo hicieron para mi un beso Noe de 2b