Parece que está de moda... despois do Honda civic... Dando unha volta por Aula de Música e Nos vemos en el blog, atopei unha versión máis longa do anuncio do Focus, e tamén outro moi interesante, con botellas como protagonistas.
Música: "Ode to a Ford".Craig Richey.
Imaxes da rodaxe
Visitar a páxina de ford focus aquí, relacionada co anuncio. Teñen un divertido mezclador coa música e os instrumentos do anuncio, moi útil para empregar na aula. Pódense escoitar cada un dos instrumentos por separado e ir xogando con eles, mesturando como queiramos, ademáis de aparecer a melodía fragmentada por frases.
5.2.08
Calendario 07-08, dos compositores
3.2.08
Pelo Gato 24

A Asociación de Gaiteiros Galegos, impulsa un novo traballo despois do "Quiquiriquí". Pelo Gato 24 é un documento audiovisual dirixido especialmente aos alumnos da Educación Primaria onde se atopan cantigas e xogos baseados na tradición.
Pelo Gato 24 está realizado polos estudios de gravación Casa de Tolos e Mr Misto e editado por PAI Música, e conta con colaboracións como Sonia Lebedinsky (Fía na roca), Xabier Díaz, Leilía, Paulo Nogueira e César Longa (Treixadura), Señora Carmen (Malvela) ou Pancho Alvarez. En pelo gato atoparedes mostras de video e de audio.
Éste é sen dúbida un bo material para traballar nas nosas aulas.
Video promocional de Pelo Gato 24.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)