27.10.07

Música de cine

Interesante blog chamado " Audición y Apreciación Musical", onde atoparedes videos, referencias, comentarios sobre a música no cine, bandas sonoras..., ademáis dunha chea de enlaces que pagan moito a pena.

O poder de Chaplin

Isto é o que eu chamaría un divertido "musicovideograma". A verdade é que non podemos desaproveitar as oportunidades que a imaxe nos dá para facer máis visual a música. Aquí poño dous exemplos, co mesmo protagonista, Charles Chaplin, e a mesma película, "El Gran Dictador". Sen embargo, son dous videos nos que se poden traballar cousas ben diferentes.
Podemos propoñer unha actividade para a aula de música.
O PRIMEIRO: "EL Gran Dictador". Un cliente aterrorizado será afeitao ao ritmo da danza húngara nº 5 de J. Brahms.
Conceptos para traballar: a radio, Brahms, as danzas..., dramatización na aula...


O SEGUNDO: El Gran Dictador. Preludio del Acto I de 'Lohengrin', de R. Wagner. A actividade proposta sería de movemento, con pelotas, ou pompas, coordinando movementos lentos no espacio. De xeito individual ou en parellas, traballar antes auditivamente. Máis tarde, poñemos o video.

Estas son simples propostas para comezar unha actividades, despois, cadaquén que as desenvolva á súa maneira.

4.10.07

Vertedero sonoro

O meu afán de ser formiguiña, xa que vou recolectando material, fotocopiando, baixando..., pero non sempre usando... Bueno, que esta páxina é marabillosa para facerse un arquivo de plantillas para a construcción de instrumentos a partir de materiais de desfeito. Intentarei baixalas todas e mandalas ao correo, pero para que vós collades o que vos apeteza,tedes todo na páxina de "Vertedero sonoro", moi ben explicadiño e clasificado.
Un saudiño, Ire