30.9.07

"De quien es la canción"

O outro día, mentras lía unha revista, escoitábase de fondo, na televisión, algo de Chopin.Resultábame máis que raro escoitar iso en publicidade, tanto tempo, tan lento... levantei os ollos e quedei sorprendida co anuncio. Non daba localizado qué obra era, así que busquei en Google. Atopei rapidamente a resposta nun blog,curioso e orixinal: "DE QUIEN ES LA CANCIÓN". Podedes pasar un bo rato, lendo cousiñas interesantes sobre a música que escoitamos cando vemos a tele. Déixovos o enlace do anuncio de Halo 3, con música de Chopin, o preludio n. 15, en re bemol maior. Xa estou pensando de qué xeito llo ensinarei aos rapaces.
Un saúdo. Ire.

9.9.07

TRES VIDEOS.

Nun dos enlaces a páxinas sobre música, "Aula de música", atopei seguidiños estes videos tan divertidos. Disfrutádeos.Non deixedes de visitar este blog, Aula de música, está interesante.

Hermeto Pascoal - Música da Lagoa



Arto Tuncboyaciyan - coke bottle


Ethan Winer - 37 Cello Parts

6.9.07

Cplipart

Un enlace AQUÍ para que aproveitedes estas divertidas imaxes de instrumentos no deseño de actividades.Por certo, que teñades todos un bo comezo de cursos.
UN saúdo, Ire.