Se recordades, na entrada de música e pintura, facíanse diferentes alusións á relación entre a música e aimaxe.Gustaríame insistir na figura de Chema Madoz, e mostrarvos algunhas das súas fotografías.
No blog " Educación musical" Móstrannos un video da estructura do oído que ben pode empregarse nas aulas de música. Atópase nunha páxina de Puleva, que a verdade, non está nada mal. A través desta páxina poden verse outros videos didácticos relacionados coa saúde, sobre todo aproveitables para a materia de coñecemento do medio. Disfrutádeos.
"GS21 naceu como compañía de baile e música en abril de 2005 por iniciativa dun grupo de bailadores e músicos pertencentes, na súa maioría, aos grupos de baile tradicional. Este grupo entende que o baile tradicional galego, lonxe de ser algo do pasado é atemporal; é pasado, é presente, e é futuro. GS21 emprega os infinitos recursos, tanto musicais como dancísticos, propios da tradición galega, dándolles unha nova lectura, un novo punto de vista dende onde se busca provocar unha sensación no espectador, sen deixaren de ser respectuosos cos recursos, tanto na música coma no baile galego como arte, como creación en si mesmo. Divertir, divertirse; emocionar, emocionarse." (http://www.compostelacultura.org/musica/axendad.php?id_e=4188&lg=gal)
Sobre todo gustaríame recomendarvos a súa páxina web. Visitádea aquí
O prazo de entrega de cancións para este proxecto, remata o luns, así que aviso un pouco tarde, máis podedes escoitalas, buscar algún nome coñecido dalgún profe..., facer porras... O proxecto é verdadeiramente fermoso. Fágovos un enlace á súa páxina
Ola a todos!!! Por fin chegou o internet á miña nova casa despois de estar chamando e chamando a telefónica. Así que espero actualizar o blog máis a miúdo. Un saúdo a todos