18.3.06

Ciclo Trad en Pontevedra


A cidade de Pontevedra e colle por segundo ano a celebración do Ciclo Trad de música folc organizado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Concertos que se van estender dende o 17 de marzo ata o 6 de abril e no que o gran homenaxado vai ser o acordeón. Un instrumento que segundo relatan dende o propio Conservatorio consiste nunha "máquina de facer soño e inventar mundos posíbeis, porque abriu o fol e expandiuse polo planeta, porque é vagabundo e viaxeiro... porque o acordeón une a tradición europea coa americana". E para dar mostra de todo isto cinco formacións: Marful, Ruso Negro, Tangata, Fernández & Quintá e Danças Ocultas, para tentar superar os 1.200 asistentes do primeiro ano do Ciclo Trad.
O CICLO TRAD é unha viaxe polo amplo abano da música de tradición europea e americana.
A disfrutalo
David

5.3.06

Joan La Barbara


No Webblog de música que vos presentei noutro momento, e que por certo leo a diario, fan unha ligazón a unha páxina, magazín New Music Box, onde podedes ver uns interesantísimos videos de Joan La Barbara, cantante que explora e investiga as posibilidades da voz, traballando na improvisación de xeito moi creativo. Poderedes ver neste video unha clase maxistral impartida por Joana La Barbara, e tamén leredes(en inglés) a transcripción da entrevista
Ire.

4.3.06

Trópico de grelos


É unha banda de percusión basada en ritmos afrobrasileiros que procura integrar diferentes tendencias da percusión contemporánea.
Creada apartires da experimentación e a pesquisa, no seu repertorio constrúense pontes que permiten viaxar do Brasileiro ó cubano, do latino ó africano, e de volta ao galego.
A danza e a voz incorpórase lúdicamente, dun xeito natural, como as primeiras manfestacións artísticas da expresión humana.
Nace apartires da práctica pedagóxica de Xurxo Troncoso na súa volta a Galiza. Despois de participar no Carnaval de Salvador da Bahía 2002 onde formou parte do bloco "TÍMBALADA" de Carlinhos Brown, regresa tras 15 anos en Madrid.
Das aulas no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, das clases particulares e da experiencia de formar parte en grades bandas de percusión xurde a necesidade de realiza-lo seu proxecto, "TRÓPICO DE GRELOS" na súa filosofía está a idea da escola/obradoiro, unha agrupación aberta á incorporación das persoas que teñan o desexo de tocar cara o público.

FESTICULTORES é un grupo de xóvenes, que proveñen do mundo audiovisual e do espectáculo, e da publicidade, que se xuntan co fin de crear unha empresa para o ocio, que busca a frescura e a creatividade en cada evento que organiza.Somos cultivadores de festas, comprobámo-lo terreo. Elixímo-las sementes que mellor se a fin de alcanzar un resultado final de calidade, e, fiel a unha filosofía: facer da nosa horta un espacio de biodiversidade cultural e ambiental para calquera forma de expresión artística.