5.12.05

Mato en Kentucky


Aparcou a súa vida pasada a un lado para aventurarse a coñecer outras terras e outros xeitos de traballar. Despois de moito moverse...e algún disgusto que outro pola mala organización, chegou a un novo lugar e a unha nova escola. Parece estar moi contenta con todo o que aprende e con todo o que ve nun mundo tan diferente como é aquel. Di que todo é coma nas pelis...si, os yankees son así, e ten comprobado de primeira man que non teñen nin idea de xeografía, bueno, de case nada... de feito, chegou a admitir que este noso sistema educativo é mellor, así que vos diredes!!!
Mercou un coche novo, aínda que xa lle meteu un jolpiño. Pasou o día de Acción de Gracias American Beauty e está a punto de presenciar un espectáculo deportivo que lle resultará incluso familiar.
Dende aquí desexámoste moita sorte, e un bo Nadal.

No hay comentarios: