17.6.08
mixwit
Fixádevos que reproductor tan chulo!! MIXWIT ofrécenos a posibilidade de confeccionar o noso propio reproductor, coa lista de reproducción que queiramos. Como non tiña tempo para facer o meu propio, pequei un do requiem de Mozart para probar se funcionaba... e a verdade é que queda ben bonito. Cando atope un pouco de tempo farei unha selección demúsica para repreducir neste casette tan retro.
16.6.08
vegetableorchestra


Despois de coñecer isto... ( a través de práctica instrumental), a verdade é que non sei se poderá ser superado, dígoo polo o da orixinalidade. Ademáis, non se queda en algo anecdótico. Vegetableorchestra ten a súa propia páxina web, varios discos..., vamos que fan as cousas en serio. Como exemplo para que vexades esta orquestra unicamente composta por vexetais, achégovos unhas fotografías, videos e enlaces á súa páxina web. Non podedes perdelo.
Video dun concerto en directo cunha pequena introducción sobre a construcción dos instrumentos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)